O movemento Slow Food xurdiu fai mais de 30 anos en Italia como resposta ao fast food e todas as súas implicacións, tanto ambientais coma culturais.

Este movemento foise expandindo polo mundo creando delegacións, ou "conviviums", que traballan de xeito local influindo na gastronomía e na agricultura da súa rexión.

Un "convivium" unha asociación ecogastronómica que promove unha "nova gastronomía" entendida como expresión da identidade e a cultura. Defende o pracer vinculado ao alimento, reflexiona sobre a educación do gusto e o dereito ao goce cun novo sentido de responsabilidade, tendo en conta o equilibrio co ecosistema, a defensa da biodiversidade e o compromiso ético cos produtores.

Precisamente con esta filosofía nace o Convivium Slow Food Compostela no 2016, do que ACIDE participa dende 2017, traballando xuntos para unha xestión mais sostible do noso patrimonio ambiental e cultural.

Se queres saber máis sobre o noso Convivium tes aquí toda a información.

reducida.jpg

cortada.jpg

Se queres contactar con nos co podes facelo a través do teléfono 677654102 ou no correo asociacionacide@gmail.com

2017 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos