Que é a comida ecolóxica? A vegana? A que fixemos toda a vida na casa?

Poucas cousas xeran máis  debate que definir a comida ecolóxica, para facer boca pensa nas etiquetas que che veñen á cabeza, biolóxica, orgánica, sostible...

Podemos considerar un alimento en función de moitos parámetros para poder dicir que é sostible ou non; ao longo dunha semana consideraremos moitos deles. Alimentos quilométricos, certificados, patrimonio gastronómico, transxénicos...

 

Luns

9:00 Recepción e entrega de documentación

9:30 Inauguración do curso 10:00 Slow food. Conferencia introdutoria.

12:00 Pausa Café

12:30 Slow food. 

Leonor Lorenzo Convivium Slow Food Santiago

13:30 Restaurantes KM0 

Pablo Viñas Next Door

Martes

9:00 Certificación ecolóxica.

Craega

11:00 Pausa café

11:30 Pesca en Verde, certificado de pesca sostible en relación ca pegada ecolóxica.

Gumersindo Feijoo Biogrup USC

 

Mércores

9:00 Soberanía alimentaria.

Gonzalo Gesto Panxea

11:00 Pausa café

11:30 Alimentos transxénicos.

Belen Díaz USC

Xoves

9:00  Compra sostible.

11:00 Pausa café

11:30 Alimentos quilométricos.

Pilar Casals Inthemove

 

Venres

9:00 Comercio de produto fresco de proximidade.

Granxa familiar

11:00 Pausa café

11:30 Caso practico aplicado. Cervexa artesá.

Jakobsland Brewers

Información de interese

Que levo do curso?

Diante de nada, esperamos que leves unha boa experiencia persoal e profesional. Non podemos facer que adquiras ferramentas capacitantes nunha semana, pero polo menos si que leves as bases para teres unha idea clara do que é a comida sostible.

Canto á certificación, o curso está dentro da Universidade de Verán da USC, polo que o título que obterás será de formación regrada de 25 horas de duración.

Este curso está recoñecido con dous créditos ECTS polas tres universidades galegas.

Onde?

O curso celebrarase no Salón de Actos do Colexio Marior Fonseca 

Cando?

Comezaremos o luns día 28 de agosto ás 9 da mañá, con moita ilusión, para termos durante unha semana as mañás ocupadas até as 14. Remataremos pletóricos de emoción e de coñecementos o venres día 1 de setembro.

Canto custa?

O curso está englobado dentro da Universidade de Verán da USC e o prezo xeral son 120 €.

 Pódome beneficiar de algunha taxa reducida?

Si, se es estudante universitario, de bacharelato ou de formación profesional. Ademais, podes gozar de redución de prezo se estás desempregado, es pensionista ou pertencente á comunidade universitaria, xa sexa como membro de algunha asociación de antigos alumnos, PDI ou PAS. Nese caso o prezo é de 70 €.

Como podo chegar?

Se vives na contorna de Santiago, animámoste a que veñas a pé. De seguro fará bo e en caso contrario a sala conta con paraugueiro.

Se vas vir co traxe dos domingos e os zapatos te mancan, podes viaxar en bus. Tes unha parada case ao carón do Colexio Maior Fonseca.

Se vés de máis lonxe, podes empregar o autobús ou o tren. Neste caso podes combinar o uso do transporte público para chegar. De tódolos xeitos, camiñando non está moi lonxe en ningún dos dous casos.

Se vés en coche, ao redor do Colexio Maior Fonseca contas con zona de aparcamento, aínda que está en zona azul: é unha zona de estacionamento longo, polo que toda a mañá costarache 1,05€. De aparcares unhas rúas máis aló, xa podes atopar zona de aparcadoiro libre.

cortada.jpg

Se queres contactar con nos co podes facelo a través do teléfono 677654102 ou no correo asociacionacide@gmail.com

2017 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos