Que queremos dicir con moda sostible? Algodón orgánico, non? Tanto afecta o medio ambiente a roupa que levo?

Cada vez somos mais conscientes do que influímos no medio ambiente coas nosas decisións, pero até hai pouco nin se nos pasaba pola cabeza o impacto que tiña a industria da moda.

A realidade é que a día de hoxe supón a segunda fonte de emisións de CO2 e unha das maiores fontes de contaminación ambiental.

Cales son as alternativas? Que podemos facer de xeito diferente?

Ao longo dunha semana trataremos o tema polo miúdo,  dedicando  cada día a profundizar nun aspecto concreto da industrial téxtil.

Programa semanal

Luns

9:00 Recepción e entrega de documentación

9:30 Inauguración do curso

9:45 Conferencia introdutoria sobre a evolución da moda no contexto da sostibilidade.

10:30 Slow fashion. Concepto e aplicación.

Gema Gómez - Slow Fashion Next

12:00 Pausa Café

12:30 Slow fashion. Casos prácticos.

Martes

9:00 Recuperación de tecidos tradicionais.

Asociación Etnográfica Sete Espadelas

11:00 Pausa café

11:30 Artesanía téxtil coma patrimonio cultural

Ines Rir Rir & Co

Mércores

9:00 Caso práctico. Proxecto aplicado a sostibilidade de materiais téxtiles e tinturas naturais.

Alazia Couture

Empresa sostible local.

Slow Life

11:00 Pausa café

11:30 Caso práctico. Proxecto aplicado á trazabilidade da prenda.

Kavita Parmar IOU Project

 

Xoves

9:00 Políticas de RSC aplicadas ao sector textil.

11:00 Pausa café

11:30 Políticas de RSC aplicadas ao sector textil.

13:00 Certificacións sostibles da industria textil.

Noelia Lopez In the Move

Venres

9:00 Estratexias globais de sostibilidade aplicadas a producións téxtiles.

Jarvier Sardina USC

11:00 Pausa café

11:30 Novos materiais sostibles. Polimerización de residuos plásticos para a produción de poliéster. 

Gumersindo Feijoo USC

Información de interese

Que levo do curso?

Diante de nada, esperamos que leves unha boa experiencia persoal e profesional. Non podemos facer que adquiras ferramentas capacitantes nunha semana, pero polo menos si que leves as bases para teres unha idea clara do que é a moda sostible.

Canto á certificación, o curso está dentro da Universidade de Verán da USC, polo que o título que obterás será de formación regrada de 25 horas de duración.

Este curso está recoñecido con dous créditos ECTS polas tres universidades galegas.

Onde?

O curso celebrarase no Salón de Actos do Colexio Marior Fonseca

Cando?

Comezaremos o luns día 4 ás 9 da mañá, con moita ilusión, para termos durante unha semana as mañás ocupadas até as 14. Remataremos pletóricos de emoción e de coñecementos o venres día 8.

Canto custa?

O curso está englobado dentro da Universidade de Verán da USC e o prezo xeral son 120 €.

Pódome beneficiar de algunha taxa reducida?

Si, se es estudante universitario, de bacharelato ou de formación profesional. Ademais, podes gozar de redución de prezo se estás desempregado, es pensionista ou pertencente á comunidade universitaria, xa sexa como membro de algunha asociación de antigos alumnos, PDI ou PAS. Nese caso o prezo é de 70 €.

Como podo chegar?

Se vives na contorna de Santiago, animámoste a que veñas a pé. De seguro fará bo e en caso contrario a sala conta con paraugueiro.

Se vas vir co traxe dos domingos e os zapatos te mancan, podes viaxar en bus. Tes unha parada case ao carón do Colexio Maior Fonseca.

Se vés de máis lonxe, podes empregar o autobús ou o tren. Neste caso podes combinar o uso do transporte público para chegar. De tódolos xeitos, camiñando non está moi lonxe en ningún dos dous casos.

Se vés en coche, ao redor do Colexio Maior Fonseca contas con zona de aparcamento, aínda que está en zona azul: é unha zona de estacionamento longo, polo que toda a mañá costarache 1,05€. De aparcares unhas rúas máis aló, xa podes atopar zona de aparcadoiro libre.

cortada.jpg

Se queres contactar con nos co podes facelo a través do teléfono 677654102 ou no correo asociacionacide@gmail.com

2017 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos